لِغَيْرِ جَمَالِكُمْ نَظَرِي حَرَامُ
Para outro que non sexa a vosa beleza, a miña mirada é prohibida.
Gl
لِغَيْرِ جَمَالِكُمْ نَظَرِي حَرَامُ
وَغَيْرُ كَلَامُكُمْ عِنْدِي كِلَامُ
Para outra beleza que a vosa a miña ollada é prohibida
e calquera outra fala para min non é palabra
وَعُمْرُ الْنَّسْرِ مِنْكُمْ بَعْضُ يَوْمٍ
وَسَاعَةُ غَيْرِكُمْ عَامٌ فَعَامُ
A vida da aguia ao voso carón é apenas parte dun día
mais unha hora sen vós é ano tras ano
وَصَبْرِي عَنْكُمُ شَيْءٌ مُحَالٌ
وَمَا لِي قَاتِلٌ إِلَّا الْفِطَامُ
A miña paciencia lonxe de vós é cousa imposible
e non teño máis verdugo que a separación do voso seo
إِذَا عَايَنْتُكُمْ زَالَتْ هُمُومِيْ
وَإِنْ غِبْتُمْ دَنَا مِنِّيْ الْحِمَامُ
Se vos contemplo, as miñas angustias desvanécense
e se faltades, a morte achégaseme
أَوَدُّ بِأَنْ أَكُونَ لَكُمْ جَلِيسًا
وَتُنْصَبَ لِي بِرَبْعِكُمُ خِيَامُ
Desexo ser para vós un fiel compañeiro
e que nas vosas terras se ergan para min tendas
فَدَاوُوا بِالْوِصَالِ مَرِيضَ هَجْرٍ
يَهِيمُ بِكُمْ إِذَا سَجَعَ الْحَمَامُ
Sanade co encontro a un enfermo de ausencia
que de amor delira cando as pombas entoan o seu canto
حَدِيثُ غَرَامِهِ فِيكُمْ قَدِيمٌ
وَمَلْبَسُهُ مِنَ الْحُبِّ الْسِّقَامُ
O relato da súa paixón por vós é antigo
e o seu traxe de amor é a propia fraqueza
فَأَنْتُمْ فِي الْأُصُولِ أَجَلُّ أَصْلٍ
إِذَا شِئْتُمْ تَحَصَّلَ لِي الْمَرَامُ
Pois sodes vós a máis excelsa das orixes
se así o queredes, acadarei o meu desexo
بِكُمْ صَعْبُ الْأُمُورِ يَعُودُ سَهْلًا
فَبِالْإِحْسَانِ جُودُوا يَا كِرَامُ
Con vós o máis difícil tórnase doado
con benevolencia sede xenerosos, oh nobres
وَلَيْسَ سِوَاكُمُ لِلْجُودِ أَهْلًا
فَكَيْفَ نَزِيلُ سُوحِكُمُ يُضَامُ
E non hai ninguén máis ca vós digno de tal nobreza
como podería ser agraviado quen no voso fogar se hospeda?